O equipo de Resis Festival de Música Contemporánea da Coruña e a Asociación Cultural AÏS agradece a todos os patrocinadores, colaboradores e socios o esforzo realizado para a celebración desta primeira edición.
Nesta apaixonante etapa, unimos a nosa ilusión, esforzo e compromiso para ofrecer a mellor música dos nosos días, cos mellores intérpretes do panorama musical actual. Para iso, contamos coa axuda de institucións tanto privadas como públicas.
Queremos animarvos a que vos unades no noso empeño, apoiándonos coa vosa presenza nos concertos.
Moitas grazas a todos!!!
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS