Resis Festival

CONCERTO + PROXECTO DIDÁCTICO INCLUSIVO
A PROXECCIÓN SONORA III
DOMINGO 26 DE MAIO 13:00H
MUNCYT
ENTRADA DE BALDE

RECOLLIDA DE INVITACIÓNS A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM OU NO QUIOSCO PRAZA OURENSE
PROGRAMA
A PROXECCIÓN SONORA III*
*ESTREA ABSOLUTA
Equipo docente

WILSON ORTEGA
CHUS ÁLVAREZ
MUNCYT IIII
Proxección Sonora é un proxecto escénico e musical deseñado para favorecer o acceso igualitario e inclusivo á cultura, achegando a música contemporánea a persoas con diferentes capacidades, e fomentando a experimentación e participación activa.

Este ano a proposta está inspirada na obra “La fabbrica illuminata” (1964), de Luigi Nono, e o concerto será o resultado de diversos obradoiros de expresión corporal, paisaxismo sonoro e percusión, impartidos polos docentes Chus Álvarez e Wilson Ortega, actriz e músico respectivamente. Ademais dos números musicais, interpretados polo alumnado, descubriremos a vida e obra de Nono ubicando ao público no contexto do espectáculo, unha fábrica na que os traballadores e traballadoras reclaman os seus dereitos, dando luz e voz á revolución.