Resis Festival

ENCONTRO + CONCERTO
COLD TRIP
Lab.51
domingo 08 de MAIO — 12:00H
Museo de Belas Artes

Entrada de balde

Recollida de invitacións a través de
Ataquilla.com e Praza de Ourense
ou no Museo de Belas Artes
Programa

Retrouvailles* (2013)
GEORGES APERGHIS

Mysteries of the Macabre** (1991)
GYÖRGY LIGETI

Grapefruit* (1964)
YOKO ONO

Cold Trip (2014)
BERHARD LANG

*Estrea en España
**Estrea en Galicia
equipo artístico

Soprano: Johanna Vargas
Piano: Magdalena Cerezo
LAB.51 é un dúo interdisciplinar formado por Johanna Vargas e Magdalena Cerezo. O seu obxectivo principal é transformar o concepto tradicional de “Liedduo”, axuntando a voz e o piano coa arte performativo e os recursos multimedia.

A colaboración entre ambas as artistas comezou durante os seus estudos en Stuttgart con Angelika Luz e Nicolas Hodges. Desde entón, LAB.51 traballou con compositores como Johannes Kreidler, Hans-Joachim Hespos, Bernhard Lang, Wolfgang Rihm, Gregor Mayrhofer, Benjamin Scheuer, Óscar Escudero ou Hans Thomalla e ofreceu concertos en festivais como NUNC!3 (Northwestern University Chicago), ZeitGenuss Karlsruhe ou os Darmstädter Ferienkurse für Neue Musik.

LAB.51 recibiu recoñecementos como o primeiro premio do concurso John Cage en Halberstadt ou unha residencia artística en Cité Internationale des Arts Paris. Ademais, o seu traballo foi difundido por Deutschlandfunk, RTVE, Radio Clásica Arxentina ou o selo discográfico Naxos-Capriccio.

LAB.51 imparte a materia Técnica vogal contemporánea/Lied contemporáneo na Hochschule für Musik Karlsruhe.