Resis Festival

CONCERTO
HOMENAXE A LUIGI NONO POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
“Y entonces”
(variacións canónicas sobre Luigi Nono)
NIÑO DE ELCHE
VENRES 3 DE MAIO 20:00H
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
ENTRADA DE BALDE

RECOLLIDA DE INVITACIÓNS A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM OU NO QUIOSCO PRAZA OURENSE
EQUIPO ARTÍSTICO

Voz principal | Niño de Elche
Electroacústica | Miguel Álvarez-Fernández
Técnico de Sonido, electrónica, espacialización | Emilio Pascual Valtueña
É unha vivencia do tempo e do espazo nas súas formas máis desguarnecidas. Unha experiencia de escoita sen apenas acubillos melódicos ou rítmicos, que conforma un discorrer espazo temporal fráxil, precario, sempre a punto de quebrarse ou desaparecer.

Pero tamén é posible que os múltiples silencios que aquí se entretecen, pese a ser frecuentemente axitados por leves oscilacións vocais, sexan o principal neste recordo de aquela “traxedia da escoita” sobre a que nos advertiu o último Nono.

Ou quizá nesta intemperie musical todo sexa melodía e ritmo, é dicir, que non exista máis que iso, dunha maneira núa, despoxada, sinxela.

Aínda que aquí estos atributos xamáis poderían remitir a unha idea de pureza ou de claridade. A melodía, igual que o ritmo, é convocada nas súas manifestacións máis titubeantes e imprevisibles, ofrecendo sempre unha contumaz resistencia fronte a calqueira posibilidade de codificación visual, isto é, evitando a esclerosis que implica toda forma de escritura (incluíndo, dende logo, a musical). Un canto que evoca, dende a máis radical oralidade, aquelas grafías características dun Nono que nos abandonou antes de tempo. Aquela notación manuscrita, irregular, dispersa en pentagramas flanqueados por líneas adicionais que -como tantos outros elementos, máis alá da tesitura- apelan ao extremo, sempre entendido coma o fráxil, o remoto, o limítrofe.

Miguel Álvarez-Fernández



MIGUEL ÁLVAREZ-FERNÁNDEZ
(Madrid, 1979) traballa ao redor da idea de ‘escoita’ desde diferentes perspectivas (como artista sonoro, musicólogo, comisario, ensaísta, dramaturgo, director de cinema, produtor musical…). No ámbito das artes escénicas e a performance desenvolveu proxectos xunto a artistas como Mar Aguiló, Israel Galván, Fernando Millán, Niño de Elxe, Jan Rohwedder, Isidoro Valcárcel Medina… Tamén colabora habitualmente co Espazo de Creación Azala (dirixido por Idoia Zabaleta).

Desde 2008 dirixe e presenta cada semana o programa Ars Sonora, en Radio Clásica de Radio Nacional de España. Paralelamente, coordina as sesións de escoita que, co título “Relatos do ruído”, celébranse mensualmente na Cineteca de Matadoiro Madrid.

A súa película máis recente, “Jordi Teixidor. Retrospectiva” —dirixida en colaboración con Álvaro Oliveros e Bruno Dozza— estreouse en 2023; o seu último libro é “A radio #ante o micrófono: voz, erotismo e sociedade de masas” (Consonni, 2021).