Resis Festival

DIRECCIÓN ARTÍSTICA

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

COMPOSITOR | A CORUÑA, ESPAÑA (1995)
PÁXINA WEB  |  HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

Hugo Gómez-Chao estudou composición con David do Porto no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid, así como con Beat Furrer na Kunstuniversität de Graz e Ramón Lazkano en Musikene de San Sebastián. 

Paralelamente á formación académica ha recibido clases de compositores como Toshio Hosokawa, Alberto Pousadas, Clemens Gadenstätter ou Pierluigi Billone. 

 

Actualmente é compositor residente da Real Academia de España en Roma na promoción 2022-2023; foi Compositor Residente de Mocidades Musicais de España, bolseiro das Bolsas de Perfeccionamento Artístico da Deputación da Coruña  e artista residente nas Residencias REGA da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

 

Recibiu encargos e estreado obras co apoio de entidades como a Fundación AEOS, Fundación SGAE, Orquestra Sinfónica de Galicia, Mocidades Musicais de España, IMPULS Festival, Academia Filarmónica Romana, Ciclo Contrasti de Firenze, Festival de Arte Sacra de Madrid, Museo de Belas Artes da Coruña, entre outros. 

 

A súa música foi interpretada por prestixiosas agrupacións como Arditti Quartet, Orquestra Sinfónica de Galicia, Ensemble Modern Academy, MDI Ensmeble, Vertixe Sonora Ensemble, Ensemble Son Extremo, Nova Orquestra da Generalitat Valenciana, entre outras. 

 

Desde o ano 2018 é director artístico do Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña, así como da Asociación Cultural AÏS, dirixindo proxectos como o ciclo A_NEXOS na Fundación Luís Seoane. En 2022 funda Arxis Ensemble, onde tamén exerce como director artístico. 

 

Foi galardoado con premios como o Primeiro Premio de Novos Compositores da Fundación SGAE-CNDM “Xabier Montsalvatge”, ou a mención de honra do Colexio de España en París.