Resis Festival

videoinstalación
FORMAS DA APARENCIA
Verónica Vicente
Presentación da IV edición do
Festival RESIS por Chus Álvarez

Intervención da soprano Adriana Aranda
xoves 22 de abril — 20:30H
Fundación Luis Seoane
Obras de
GEORGES APERGHIS
MAURICIO KAGEL
Programa

Recitation nº 1 (1978)
Georges Aperghis

Das Turm zu Babel (2002)
Mauricio Kagel

Recitation nº 10 (1978)
Georges Aperghis
Equipo artístico

CREACIÓN VISUAL: VERÓNICA VICENTE
DIRECCIÓN MUSICAL: HUGO GÓMEZ-CHAO
PERFORMANCE: COLECTIVO GLOVO
(ESTHER LATORRE E HUGO PEREIRA)
IMPROVISACIÓN AO CHELO: MACARENA MONTESINOS

Esta obra realizouse coa beca REGA | Residencias Artísticas do Gaiás, Cidade da Cultura.

A actriz e narradora Chus Álvarez será a encargada de conducir a presentación desta IV edición do Festival RESIS, que estará protagonizada pola videoinstalación “Formas da apariencia”, da creadora visual Verónica Vicente.

En “Formas da aparencia” explóranse os límites do corpo a través do movemento de dous bailaríns introducidos total ou parcialmente dentro de dúas pezas de roupa. O lugar de traballo é o espazo reducido desas pezas de roupa; o limite corporal fronte ao do tecido que o envolve, fronte aos cánones ou estereotipos que o aprisionan.

A roupa seleccionada, con estampados ou formas xeométricas, afasta a idea de suxeito converténdoo inmediatamente en materia máis propia dun obxecto digno de ser mirado e admirado. O corpo móstrase como unha especie de masa amorfa totalmente despersonalizada ao ocultar en todo momento o rostro. A composición musical guía e motiva os movementos que xorden dunha pulsión do corpo entregado ao son, alternando a pausa co xesto, o achegamento estetico á escultura ou a danza. A facilidade coa que o corpo pasa a ser materia máis propia dun obxecto subliña a súa vulnerabilidade e fraxilidade. Son accións que pretenden agudizar a crítica sobre o corpo que é pensado para os demáis, a excesiva preocupación sobre a fachada e a imaxe que proxectamos.