Gastronomía e música contemporánea danse a man no festival RESIS para celebrar a súa inauguración. Un programa de tres obras creadas todas elas por mulleres dará o pistoletazo de saída a tres semanas da cita máis importante da música contemporánea da Coruña.
Interpretadas por Arxis Ensemble, a composición de Rebecca Saunders DUST: BASS DRUM abrirá o programa ca percusión de Noè Rodrigo Gisbert.
Sara Glojnaric presenta por primeira vez en España LATITUDES, que terá a Magdalena Cerezo Facales como solista de piano.
A peza IMPROVISATION OF GRAPEFRUIT BOOK, unha improvisación sobre o mítico libro de Yoko Ono e icona da arte conceptual dos anos 60, pecha o programa cunha chiscadela á inminente celebración do Día do libro. Ao remate do concerto, os asistentes poderán degustar un cóctel servido polo chef con Estrella Michelin Luis Veira, de Árbore da Veira.
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS