Por cuarto ano consecutivo a Orquesta Sinfónica de Galicia participa no Festival RESIS, nesta ocasión grazas a Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij.
Abriremos este paseo musical viaxando polo Danubio coa obra Post/praeludium per Donau
(1987), de Luigi Nono, por mor do centenario do seu nacemento. Despois, coñeceremos ao
Animal Insomne (2024) creado por Wladimir Rosinskij (a estrea da súa versión para orquestra de corda), dedicado aos versos e fotografías do poeta e fotógrafo Manuel Vilariño, amigo do compositor. No ecuador do percorrido, gozaremos da estrea absoluta de En concreto (2024), de
Leticia Goás, unha obra de encargo do Festival Resis. Remataremos o traxecto cruzando unha ponte de almas –The Bridge of Souls (2016)- composta por Richard Cameron Wolfe.