O ciclo A_NEXOS convídanos a un novo diálogo da música coas artes para conmemorar o centenario do nacemento do compositor húngaro György Ligeti (1923-2006) e a presenza da súa música nas longametraxes do cineasta estadounidense Stanley Kubrick (1928-1999). A través da análise das películas 2001: A Space Odyssey (1969), The Shining (1980) e Eyes Wide Shut (1999), coñeceremos o valor simbólico que Kubrick concedía á música de Ligeti, cuxa aparición nos filmes do director neoiorquino popularizaron mundialmente partituras como a Musica ricercata (1951-53), Atmosphères (1961), Aventures (1962), Requiem (1963-65), Lux aeterna (1966) ou Lontano (1967), convertendo as escenas nas que soaba a música do compositor maxiar en momentos inesquecibles da historia do cinema.
Neste novo A_NEXOS, Javier Trigales efectuará un repaso á figura de Stanley Kubrick, centrado na linguaxe cinematográfica das tres películas nas que as partituras de György Ligeti teñen cabida. Pola súa banda, Paco Yáñez analizará as devanditas partituras, no contexto da carreira compositiva do xenio húngaro. Por medio de diversos exemplos cinematográficos e musicais seremos partícipes das claves dun dos diálogos artísticos máis poderosos na arte do século XX.
Javier Trigales é guionista de cinema e TV. Ten traballado nas productoras Globomedia, La Dalia Films, Shine Iberia, Bambú Producciones ou Eye Slice Pictures. É coguionista de VIEJOS, longametraxe seleccionada na sección oficial do Festival Fantasia de Montreal, Fantastic Fest de Austin e Festival Internacional de Sitges e agora traballa no guión da próxima longametraxe do cineasta Velasco Broca. Asimesmo é guionista de curtametraxes como ‘Eco’, ‘El Semblante’ ou ‘Caraoscura’, seleccionados e premiados en multitude de festivales nacionales e internacionales. Tamén traballa como comisario e programador de festivales, mostras e ciclos, e foi director de programación do Festival Internacional Cineuropa 2019. Tamén é docente de audiovisuales para universidades, escolas de cine, museos e centros culturales.
Como periodista escribe para medios como Icon El País, Luzes, Espinof, CaninoMag, Transit Cine, Diario Público… e ten publicado como colaborador una ducia de libros con Cátedra, Rosebud, Almuzara, Arkadin, T&B, Applehead, Shangrila… Forma parte da Academia Galega do Audiovisual e da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).
Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974) desenvolve a súa actividade creativa en diálogo con diversas linguaxes artísticas; nomeadamente, a fotografía, a música, o cinematógrafo e a literatura. Tal é o camiño percorrido polas súas novelas …distancias… (Baía Edicións, 2008) e contra(de)cadencia (Laiovento, 2014), así como polos seus ensaios, entrevistas e críticas musicais, publicadas en oito idiomas en medios especializados de Europa e América, destacando a súa colaboración co diario internacional mundoclasico.com.
Pronunciou conferencias en conservatorios e espazos culturais como a Universidade de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia, o MARCO de Vigo, a Fundación Luis Seoane, ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. As súas fotografías foron exhibidas e publicadas en exposicións, catálogos e revistas de arte e música, tanto en España como no estranxeiro. Compositores europeos e americanos crearon obras musicais inspiradas nas súas fotografías e textos poéticos, diálogos interdisciplinarios que artellan toda a súa creación.