Creamos música por e para as persoas con discapacidade auditiva e a través deste documental achegamos a historia do que foi ‘A Proxección Sonora’.
Talleres con profesionais de Pulso Ensemble nas impresionantes instalacións do Muncyt (Museo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) co apoio de profesionais de Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Asociación de Colaboración e promoción do Xordo tiveron como resultado unha experiencia musical inclusiva, accesible e sen precedentes! Música para persoas con discapacidade auditiva na V edición do RESIS Festival.
A Proxección Sonora, un proxecto pedagóxico que a Fundación Emalcsa fixo posible.