Resis Festival

Arxis Ensemble

HAWKING/


Domingo, 6 de outubro 2024, 12:00h


Estudios Mans
Polígono de POCOMACO, Quinta Avenida, nº 91
15190 A Coruña

 

 

Asoción cultural AÏS volve a Estudios Mans para ofrecer unha nova mostra do seu recoñecido camiño na innovación sonora. Será nun concerto da man d formación Arxis Ensembleno que se dará a coñecer en estrea en España a obra Hawking, Rolf Riehm xunto a improvisación para ensemble de STILL.

Asociación cultural AÏS e a formación Arxis Ensemble comparten un mesmo obxetivo, o de ser un punto de encontro entre intérpretes, creadores e público no eido da música contemporánea. Aposta polo traballo man a man con compositoras e compositores do noso tempo, e por intercambios nacionais e internacionais para situar a Galicia como un dos focos da arte de vangarda, sempre buscando abrir diálogos sobre a creación máis nova a través de concertos, conferencias e talleres, e vinculando a música con outras disciplinas artísticas en proxectos multidisciplinares nos que hai espazo para o teatro musical, a ópera ou a música electrónica.

EQUIPO ARTÍSTICO

PIANO SOLISTA (RIEHM) / MAGDALENA CEREZO
PERCUSIÓN SOLISTA (RIEHM) / NOÈ RODRIGO
FRAUTA / CLARA GINER
OBOE / CÈLIA TORT
CLARINETE / SERGI BAYARRI
VIOLÍN / DELIA RAMOS
VIOLA / AGLAYA GONZÁLEZ
VIOLONCHELO / ADYA KHANNA
DIRECCIÓN ARTÍSTICA / HUGO GÓMEZ-CHAO & NOÈ RODRIGO
PROGRAMA

STILL/ Para Ensemble
Improvisación ARXIS ENSEMBLE
HAWKING/ Rolf Riehm
Estrea en España