No noso segundo diálogo do ciclo Lenzos e Partituras abrimos a porta do estudo do escultor Emile Girau, artista francés afincando na Coruña.
Gireau, que traballa con materiais como o metal, a pedra e a madeira, utiliza tamén obxectos de refugallo para darlles unha nova vida e crea mobles cheos de forza e personalidade. Nesta visita descubrimos as súas esculturas xunto coas notas percutidas de Noè Rodrigo Gisbert, que interpreta fragmentos da obra Tactus, de Polo Vallejo. A actriz Chus Álvarez vertebra o encontro encargándose do guión e a locución.
No ciclo Lenzos e Partituras, a Asociación Cultural AÏS e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sumamos esforzos para construír novas canles de divulgación coa fin de amosar o potencial creativo que acubilla a nosa cidade. Así, desde a nosa canle de Youtube e as redes sociais achegamos ao público diferentes espazos creativos de A Coruña nunha mestura única de música e arte.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (II) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS