CONFLUENCIAS ENTRE MÚSICA E ARTES VISUAIS CONTEMPORÁNEAS
Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

LENZOS E PARTITURAS (IV) /


Mércores, 30 de decembro 2020

20:00h, Castelo Studio
Transmitido a través da
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, Instagram e Twitter
MÚSICA

“Ayre” para saxo / TERESA TRICOZZI
interpretado por Pablo Coello

Na nosa cuarta viaxe entre Lenzos e Partituras abrimos a porta do estudo de Iria do Castelo, unha casa no bosque moi especial que tamén é residencia artística e fogar desta coruñesa especializada en escultura.

Nesta nova peza audiovisual, Pablo Coello, director musical de Vertixe Sonora, acompáñanos co seu saxo cunha versión da peza “Ayre”, de Teresa Trecozzi. Chus Álvarez narra este encontro especial entre notas musicais e obras plásticas.

No ciclo Lenzos e Partituras, a Asociación Cultural AÏS e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sumamos esforzos para construír novas canles de divulgación coa fin de amosar o potencial creativo que acubilla a nosa cidade. Así, desde a nosa canle de Youtube e as redes sociais achegamos ao público diferentes espazos creativos de A Coruña nunha mestura única de música e arte.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (IV) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO


ARTISTA PLÁSTICO / IRIA DO CASTELO
SAXO / PABLO COELLO
GUIÓN E LOCUCIÓN / CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN / IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN / MANU EIRÍS

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS