Na nosa quinta parada do camiño entre Lenzos e Partituras temos unha cita con Yolanda Dorda, pintora nada en Barcelona e residente na Coruña que ten o seu estudo no barrio de Monte Alto.
Alí sumerxímonos nos seus traballos, nos que explora o universo feminino a través da carnalidade, a intimidade e o erotismo. Vibramos coa fusión dos seus lenzos xunto coa música dos violíns de Despina Ionescu e Tomás Ionescu, que interpretan varios movementos do húngaro Béla Bartok.
No ciclo Lenzos e Partituras, a Asociación Cultural AÏS e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sumamos esforzos para construír novas canles de divulgación coa fin de amosar o potencial creativo que acubilla a nosa cidade. Así, desde a nosa canle de Youtube e as redes sociais achegamos ao público diferentes espazos creativos de A Coruña nunha mestura única de música e arte.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (V) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS