Resis Festival

DIÁLOGOS MUSICAIS
Rosa María Fernández

A_NEXOS [VI] II /

“Dramaturxias visuais na ópera contemporánea”

Sábado, 15 de xaneiro 2022

20:00h, Fundación Luís Seoane
Rúa San Francisco 27
15001, A Coruña
OBRAS ANALIZADAS

Le Grand Macabre
Nixon In China
Luci Mie Traditrici

 

 

A sexta edición do ciclo A_NEXOS, unha proposta da Asociación Cultural AÏS dirixida e coordinada polo compositor Hugo Gómez-Chao en torno ás confluencias entre música e arte contemporánea, celebrará dous novos encontros que se desenvolverán durante o mes de xaneiro na Fundación Luis Seoane, e que levarán por título NEXOS | DRAMATURXIAS VISUAIS NA ÓPERA CONTEMPORÁNEA.

A segunda sesión contará coa participación de Rosa María Fernández, doutora en musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e especialista en música dos séculos XIX, XX e XXI.

ROSA MARÍA FERNÁNDEZ é outora en Musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e académica por Santiago da Real Academia Catalana de Belas Artes, realizou estadías de investigación no IreMus da Facultade de Musicoloxía da Sorbona e na Universidade de Milán. Escribiu numerosos artículos e libros sobre música contemporánea e comisariado varias exposicións, como ARGOT Laberinto fluído no CGAC, premiada polo Instituto Cervantes. Ademais, no eido da intelixencia e a seguridade, forma parte do Centro de Estudos para a Seguridade e a Defensa (Ceseg) da USC e do Grupo Académico de Investigación de Crisis Internacionais do Cisde, una faceta moi importante no seu labor musicolóxico, xa que tratou de levar os procedementos propios da análise de intelixencia ás novas categorías da música contemporánea.

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

DOUTORA EN MUSICOLOXÍA /
ROSA MARÍA FERNÁNDEZ