Resis Festival

Gosia Trebacz

LENZOS E PARTITURAS [VII]


Sábado, 4 de decembro 2021

Taller STO LAT
Rúa Fray Pedro Payo Piñeiro 2
15009, A Coruña
Transmitido a través do
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, InstagramTwitter

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

Hoxe cruzamos unha porta branca para coñecer a Gosia Trebacz -artista polaca residente na Coruña- no seu “Taller de arte e laboratorio de ideas STO LAT”, ubicado no barrio de Eirís. O nome Sto lat, traducido ao galego como “Cen Anos”, provén dunha expresión polaca – e tamén canción tradicional- utilizada para transmitir bos desexos, boa saúde e unha longa vida. Todo o que lle desexamos nós a Gosia.

A artista, que compaxina a súa labor docente, aquí e na universidade, con disciplinas como o diseño gráfico e a videocreación, experimenta na súa obra plástica con diferentes técnicas, como a pintura, o debuxo, a fotografía ou o colaxe para reflectir o seu propio universo persoal. Cadros de vida aos que, hoxe, envolverá en partituras a trompeta do artista cubano Wilson Ortega.

Grazas, Gosia, por pemitirnos entrar neste lenzo en branco que é o teu taller. Grazas, Wilson, por darlle cor coas túas notas.
Sto lat para ambos!

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (VII) NO NOSO CANLE DE YOUTUBE.

 

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

ARTISTA PLÁSTICO /
GOSIA TREBACZ
TROMPETA /
WILSON ORTEGA RUEDA
GUIÓN E LOCUCIÓN /
CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN /
IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN /
MANUEL EIRÍS
SON /
ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA /
XURXO GÓMEZ-CHAO