Resis Festival

Luisa Valdés

LENZOS E PARTITURAS [VIII]


Sábado, 4 de decembro 2021

Estudio Luisa Valdés
Rúa Inés de Castro 16
15005, A Coruña
Transmitido a través do
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, InstagramTwitter

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

A miña cita de hoxe é coa pintora Luisa Valdés no seu taller 16 ARTE, ubicado na coruñesa rúa Inés de Castro, número 16.

A artista, formada entre Coruña e París, compaxina a súa labor docente coa artística, presentaranos hoxe o seu último traballo, SEGREDOS NATURAIS, un paseo pola natureza a través da pintura táctil e a impresión, na que traballa de memoria, recordando paisaxes e interprentando o vivido neles, intensificando así a sensación de trascendencia.

E se a pintura táctil e a impresión son as vías para chegar á arte de Luisa, as xemas dos dedos de Sergio Delgado, pianista cubano afincando en A Coruña, pintarán sobre o teclado tonos e notas para acompañar, coa música, esta visita.

Grazas, Luisa, por convidarnos ao teu espazo de creación e susurrarnos os teus segredos pictóricos no oído. Grazas, Sergio, polo veloz baile das túas mans, neste fantástico diálogo rítmico.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (VIII) NO NOSO CANLE DE YOUTUBE.

 

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

ARTISTA PLÁSTICO /
LUISA VALDÉS
PIANO /
SERGIO DELGADO
GUIÓN E LOCUCIÓN /
CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN /
IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN /
MANUEL EIRÍS
SON /
ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA /
XURXO GÓMEZ-CHAO