PRIMEIRA. Encontros coa Videodanza, nacen coa vocación de abrir unha xanela cara o xénero da
videodanza onde focalizar ás persoas creadoras e os distintos traballos que se fan en Galicia, e crear pontes de intercambio entre creadores difundindo o xénero ao público xeral.
Neste II Encontro, Comisariado e moderado por BELÉN MONTERO contaremos coa presencia de Lucía Estévez, unha directora moi nova graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Lucía traballa a videodanza e a danza en escena desde o punto de vista do traballo actoral e a ficción. Na súa andaina acadou diversos premios como o de CREA á Mellor Dirección Galega no festival Curtocircuito ou o Premio María Luz Morales otorgado pola Academia Galega do Audiovisual.
Coñeceremos algunhas experiencias de colaboración en materia de videodanza entre mulleres: Gosia
Trebacz, artista multidisciplinar, comisaria, profesora… afonda na pintura, fotografía e videocreación, é ademais unha muller emprendedora. Desde o seu espazo, un obradoiro de arte e laboratorio de creación e ideas STO LAT, Gosia atrévese con calquera tipo de creación e acción artística independente; Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz titulada pola Escuela Nacional de Arte de Cuba, acadou o premio do VI Certame Coreográfico de Galicia entre outros. É integrante da compañía de danza Entremáns, codirectora artística do Festival Quincegotas e codirectora escénica do Festival dos Eidos; Lupe Vázquez, fotógrafa á continua procura de atmósferas no seu traballo, onde imprimir sutilmente o equilibrio da súa mirada. Forma parte do colectivo Papel de Calzoncillo, grupo que xira arredor da fotografía para á creación de proxectos multidisciplinares onde espandir a imaxe.
Da mán de Xurxo Gómez-Chao, licenciado en Belas Artes pola Facultade de San Carlos, e con estudos na École Nationale Supérieure des Beaux Arts de Paris, é un artista de referencia na arte galega cunha dilatada traxectoria en pintura e fotografía que traspasa fronteiras. Con el, daremos nova vida e redescubriremos un dos seus proxectos máis trasversais, producidos pola Fundación Luis Seoane, onde a videodanza, a danza e a música xogan papeis protagonistas.