intervención artística
César Viana & Luz Arcas

UBUME /


Sábado, 4 de maio

22:00h
Igrexa das Capuchinas
Rúa Panaderas, 42
A Coruña
Entrada libre
(ata completar aforo)
< volver a programa

Ubume xorde do encontro entre a música de shakuhachi (frauta xaponesa tocada por monxes budistas) e a danza contemporánea experimental, un diálogo despoxado e desprotexido, que se enfronta sen medo á nudez do tempo e do espazo.

Ubume é un termo da mitoloxía xaponesa para nomear a un tipo de espírito feminino (yokai): unha muller que morreu durante o parto, e que vaga pola terra co seu fillo vivo en brazos, mendigando para alimentalo e incluso, suplicando que algún transeúnte se faga cargo del.

O shakuhachi é unha frauta de bambú xaponesa tocada polos Komuso (monxes do nada inexistente), monxes samurai que percorrían os camiños do Xapón feudal pedindo limosna e tocando a súa frauta.

Máis que un instrumento musical, o shakuhachi servía para a práctica do Suizen (meditación soprada), unha alternativa ao Zazen (zen sentado). As 36 pezas del Honkyoku (repertorio orixinal) foron recollidas no século XVIII por Kinko Kurosawa, un komuso, e ao longo das últimas décadas a osadía das súas técnicas instrumentais e a súa expresividade intensa inspiraron importantes compositores contemporáneos occidentais.

A peza é unha proposta do Festival Resis, onde se celebrará a estrea absoluta. 

EQUIPO ARTÍSTICO
SHAKUHACHI /
CÉSAR VIANA
COREOGRAFÍA /
LUZ ARCAS
ILUMINACIÓN /
OCTAVIO MÁS IBÁÑEZ

+

      NOTAS DE CONCERTO

LOCALIZACIÓN