Lenzos e partituras é unha serie web documental que explora as confluenzas entre a música e as artes visuais do século XXI. Promovido polas asociacións culturais AÏS e Alexandre Bóveda, o proxecto nace durante a navidade de 2020 co obxectivo de proporcionar un espazo a diferentes creadores para establecer conexións entre distintas disciplinas artísticas e favorecer deste xeito a difusión dos seus procesos de traballo, limitados nese momento pola pandemia.
Dirixida polo compositor Hugo Gómez-Chao, con guión e voz da actriz Chus Álvarez, a serie mostra o diálogo que estableceron creadores e intérpretes ao longo de once capítulos, dez sobre artistas plásticos e un especial acerca da exposición colectiva “Un mundo que sofre baixo un manto de flores” na que se recolleron os traballos froito das diferentes colaboracións. Agora, o proxecto transfórmase nunha vídeo exposición na Fundación Luis Seoane que recolle a totalidade da serie nun montaxe audiovisual que busca difundir unha iniciativa na que participaron máis de unha vintena de creadores.