Visita guiada que organizamos xunto á Asociación Alexandre Bóveda á exposición “Y su sangre ya viene cantando” na Fundación Luis Seoane
A exposición estivo guiada polo compositor e comisario da mesma Hugo Gómez-Chao Porta xunto a actuación da soprano Adriana Aranda.
Esta exposición presenta unha cronoloxía poética do legado de Luigi Nono (1924-1990), un dos compositores máis importantes do panorama musical europeo con motivo do 100º aniversario do seu nacemento. Estivo enmarcada na progrmación do festival de música contemporánea RESIS24.
A influencia da poesía de Lorca foi unha constante durante a vida do compositor veneciano, que creou en torno ao poeta granadino unha figura case mítica donde o poder do arte triunfaba sobre o drama da guerra. Así o demostran os manuscritos e debuxos que forman parte da exposición, procedentes da Fundación Federico García Lorca e o Centro Federico García Lorca.
A exposición presenta tres proxectos inéditos realizados polos artistas Marta Azparren, Marcelo Expósito e Andrea Valdés que poñen de manifesto as afinidades e a contemporaneidade do legado de Nono. Os materiais cedidos pola Fondazione Archivio Luigi Nono, e o Archivo Ricordi de Milán, ofrecen unha perspectiva do traballo do compositor con especial atención ás afinidades e conexións coa cultura española. Neste sentido, os materiais documentais procedentes do Centro Galego de Arte Contemporánea manifestan a relevancia do compositorna vida musical galega.
A mostra atestigua a relación e a estima mutua entre Luigi Nono e Antoni Tàpies. Ambos se coñeceron en Venecia con motivo da Bienal de 1958. Anos despois do falecemento de Nono, Tàpies colaborou co poeta Edmond Jabes nunha publicación na que homenaxeaban ao compositor combinando palabra e imaxe. Na exposición poderá contemplarse un exemplar da primeira edición da mesma así coma o grabado que Tapies realizou para a súa reproducción no libro.
+info: https://resisfestival.com/exposicion-y-su-sangre-ya-viene-cantando/