O resultado da primera edición das Residencias Artísticas de Mariñán da Deputación da Coruña na categoría de música estréase no RESIS 2023. Unha proposta escénica para percusión e electrónicas.
SÓ UN SOLO é unha proposta escénica cun percusionista como único intérprete ou performer. Toda a música é de creación propia, buscando a singularidade que este feito nos proporciona. Un reto para un intérprete que quere transcender do músico ao performer e do concerto ao espectáculo escénico. Este espectáculo consta de tres obras musicais, cunha duración aproximada de 10-15 minutos cada unha.
A primeira está escrita para un dispositivo electrónico que controla pequenos electrodomésticos sonoros, que nos permite estructurar os materiais musicalmente.
A segunda obra está escrita para un dispositivo autómata, programado previamente para producir os materiais musicales como unha base mecánica. Hai unha parte solista para tocar por riba desta base cun baixo e uns tubos afinados.
A terceira obra, conectada coa música de raíz, é un solo para pandeireta e electrónica.
Todo o espectáculo está feito con instrumentos de nova creación deseñados polo compositor, agás a pandeireta.