RESIS é un festival internacional anual de música contemporánea e artes vivas que xurde da necesidade de crear na Coruña unha plataforma estable de estrea e difusión da música contemporánea, que apoie e difunda o traballo da creacióndo do noso tempo.

Un punto de encontro onde producir un discurso artístico multidisciplinar e interdisciplinar onde conflúan as distintas linguaxes da creación artística contemporánea.

Unha iniciativa da asociación cultural AÏS, unha entidade nacida na Coruña co obxectivo de desenvolver nacidade propostas relacionadas coa música contemporánea e a súa relación con outras artes.

AGRADECEMENTOS

O equipo do Resis  e a Asociación Cultural AÏS agradece a todos os patrocinadores, colaboradores e socios o esforzo realizado para a celebración desta edición.

Nesta extraña e apaixonante etapa, unimos a nosa ilusión, esforzo e compromiso para ofrecer a mellor música, a mellor creación contemporánea. Para iso, contamos coa axuda de institucións tanto públicas como privadas.

Queremos animarvos a que vos unades no noso empeño, apoiándonos coa vosa presenza nos concertos.

Moitas grazas a todos!!!
PATROCINADORES
COLABORADORES

ESPAZOS

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS