Resis Festival

DIRECCIÓN ARTÍSTICA  |  HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

COMPOSITOR | A CORUÑA, ESPAÑA (1995)
PÁXINA WEB  |  HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

Hugo Gómez-Chao Porta estudou composición en Madrid con David del Puerto. Actualmente é alumno de Beat Furrer na Kunstuniversität de Graz (Austria), apoiado polas “Becas de Perfeccionamiento Artístico” da Deputación da Coruña desde 2017. Paralelamente á formación académica recibiu clases de importantes compositores como Georg Fiedrich Haas, Frank Bedrossian, Alberto Posadas, Clemens Gadentätter ou Pierluigi Billone.

Gañador do XXVIII Premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM 2018 “Xavier Montsalvatge” pola súa obra “LÍMITES DEL NEGRO”, interpretada polo ensemble Sonido Extremo baixo a dirección de Jordi Francés, foi nomeado Compositor Residente de “Juventudes Musicales de España” nas tempadas 2018-2019 e 2019-2020.

Recibiu encargos da man de diferentes entidades como Fundación SGAE, Asociación de Orquestras Españolas (AEOS), Orquestra Sinfónica de Galicia, Juventudes Musicales de España, IMPULS Festival 2019, Festival ENSEMS de Valencia, Festival de Tres Cantos de Música Contemporánea, Contrasti Florencia, Museo de Belas Artes de A Coruña, Festival RESIS de música contemporánea de A Coruña, Festival de Arte Sacro de Madrid, Sacra Festival, Ayuntamiento de A Coruña (…). A súa música foi interpretada por prestixiosas agrupacións entre as que destacan Arditti Quartet, Orquestra Sinfónica de Galicia, Vertixe Sonora, Ensemble Modern Academy, Ensemble MDI de Milán, Ensemble Sonido Extremo, Grupo Instrumental SXX, Joven Orquesta de la Generalitat Valenciana, Trío Musicalis, entre outros.

Desde o ano 2018 é fundador e director artístico do Festival RESIS de Música Contemporánea, así como director artístico da Asociación Cultural Aïs dirixindo proxectos coma o ciclo NEXOS de música e artes vivas na Fundación Luís Seoane de A Coruña e a web serie documental Lenzos e Partituras.

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS