Resis Festival

RESIS é un festival internacional de música contemporánea e artes vivas que establece na Coruña un punto de encontro para a difusión da creación e interpretación do noso tempo. Un espazo de confluencia onde xerar novas vías de escoita, reflexión, debate e formación sobre as distintas linguaxes da creación de vangarda.

Desde RESIS desenvolvemos un proxecto que pon en valor as últimas creacións no eido da música contemporánea en lugares alternativos de representación que salientan o noso patrimonio arquitectónico. Desta unión nace unha correspondencia entre o son e o espazo que interactúa nun entorno aberto e próximo co público.

Nesta IV edición contaremos con prestixiosos grupos e artistas como Pulso Ensemble, Elisa Vázquez Doval, Roberto Oliveira, Vertixe Sonora Ensemble, Nacho de Paz, Miryam Pato, Cuarteto Matrice, Iria do Castelo, Verónica Vicente, Colectivo Glovo, Macarena Montesinos, Adriana Aranda, Grupo IXOR e cunha especial colaboración coa Orquesta Sinfónica de Galicia a través do Proxecto 2020/21 no que participarán formacións de cámara como Grupo Instrumental S.XX, Camerata OSG, Quinteto de corda Schubert, Grupo Untía, Zoar Ensemble, Orphelion Ensemble ou OSG Sinfonietta. A actriz Chus Álvarez encargarase da presentación de todos este concertos en espazos emblemáticos da nosa cidade como a Fundación Luis Seoane, a Igrexa das Capuchiñas, a Casa Casares Quiroga, a Sala de exposicións de PALEXCO, a Domus, o Muncyt, o Aquarium Finisterrae e o Teatro Colón.

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS