Resis Festival

CONCERTO
AKUSMATA
Cantando Admont + Arxis Ensemble
Sábado 28 de MAIO — 21:00H
Igrexa de Santiago

Entrada de balde

Recollida de invitacións a través de
Ataquilla.com e Praza de Ourense
Programa

Officium defunctorum (1603)
TOMÁS LUIS DE VICTORIA


Lotófagos* (2006)
BEAT FURRER


Akusmata* (2020)
[Sete pezas para conxunto vocal e instrumentos sobre textos de Pitágoras.]
BEAT FURRER


*Estrea en España
EQUIPO ARTÍSTICO

CANTANDO ADMONT:

Dirección:
CORDULA BÜRGI

Elina Viluma
Filippa Möres-Busch
Helena Sorokina
Friederike Kühl
Ulfried Staber
Bernd Lambauer
Christoph Brunner
Matias Bocchio

ARXIS ENSEMBLE:

Dirección:
Beat Furrer

Frauta: Clara Giner Franco
Clarinete: Sergi Bayarri
Percusión: Noè Rodrigo
Piano: Magdalena Cerezo
Violín: María Alejandra Jimenez
Viola: Rosa San Martín
Cello: Anna Grezner
Contrabaixo: Zacharias Fasshauer

O Officium Defunctorum (1603) de Tomás Luís de Vitoria é unha das obras cume do Renacemento. Foi composto para oficiar a cerimonia funeral de María de Austria, filla maior de Carlos I. Escrita para un conxunto de oito voces, intercala fragmentos dos himnos gregorianos con partes polifónicas escritas segundo os canons renacentistas de contrapunto pero anticipando por primeira vez o que anos máis tarde estableceríase na música europea como tonalidade. O requiem de Vitoria é a entrada na música tonal, o ocaso do renacemento e o principio do barroco.

A obra Lotófagos (2006), de Beat Furrer, para soprano e contrabaixo, nace a partir dun poema de José Ángel Valente (1929-2000) de “Fragmento dun libro futuro” (2000) sobre a memoria e o esquecemento. O traballo de Beat Furrer céntrase, desde hai varios anos, na escritura vocal, nas posibilidades de explorar o canto e atopar novas formas de expresión a través del. Nesta obra, a soprano e o contrabaixo aparecen como una mesma imaxe distorsionada, como fragmentos dun discurso que se esforza por lembrarse a si mesmo, que tenta recompoñerse ao longo da peza pero que se vai desvanecendo no silencio.

“Estábamos en un desierto confrontados con nuestra propia imagen que no reconocíamos. Perdimos la memoria. En la noche se tiende un ala sin pasado. Desconocemos la melancolía y la fidelidad y la muerte. Nada parece llegar hasta nosotros, máscaras necias con las cuencas vacías. Nada seríamos capaces de engendrar. Un leve viento cálido viene todavía desde el lejano sur.
¿Era eso el recuerdo?”

José Ángel Valente, Fragmentos dun libro futuro (2000).



A obra Akusmata. Sete pequenas pezas para conxunto vocal e instrumentos sobre fragmentos de Pitágoras, é unha das máis recentes creacións de Beat Furrer, presentada na Deutsche Oper de Berlín e na Wien Modern de Viena, e que se presenta na quinta edición do Festival RESIS como estrea en España. As sete pezas son unha reflexión ao redor da deconstrucción do espectro harmónico, á transformación sempre presente do son vocal que se confunde co instrumental. Nesta obra, a densidade harmónica, o canto do coro e os instrumentos conseguen crear unha realidade nova, un novo espazo no que a música pode ecoar e existir por si soa, un mundo que existe soamente no oído.

Cantando Admont é un conxunto vocal con sede en Austria que reúne a distinguidas personalidades do canto coas súas notables particularidades nun corpo de son único e expresivo. Sempre en busca de música extraordinaria, a miúdo fóra da corrente principal, o conxunto dedícase á síntese de música vocal antiga e nova, descubrindo o novo no antigo e experimentando o antigo nun contexto actual.

Os programas de concertos e os ensaios de Cantando Admont están deseñados e dirixidos pola directora artística Cordula Bürgi. Xuntos buscan calidades de son particulares, mentres desafían as técnicas estándar de escoita e canto. Cunha mente aberta e o amor pola experimentación, o conxunto estuda meticulosamente os estilos compositivos e a súa realización sonora ideal, un proceso de traballo caracterizado pola estreita colaboración cos compositores, o estudo das fontes históricas e o diálogo cos expertos.

Tivo o seu debut no Salzburger Festspiele coa ópera de Beat Furrer Begehren xunto con Klangforum Wien en xullo de 2018, e no Bayreuther Festspiele (estrea mundial da ópera “Der verschwundene Hochzeiter” de Klaus Lang) xunto con EnsembleICTUS. Outras aparicións tiveron lugar en Wien Modern, Klangspuren Schwaz, Minoriten Graz, Die Andere Seite Graz, Internationale Musikbrücke Graz, Ruprechtskirche Wien, Alte Schmiede Wien e Otto Wagner Kirche Wien.

ARXIS Ensemble é unha formación de música contemporánea que nace co obxectivo de ser un punto de encontro entre intérpretes, creadores e público no campo da música de hoxe en día. Centra a súa actividade no traballo man a man con compositoras e compositores do noso tempo, así como en intercambios nacionais e internacionais para situar a Galicia como uno focos da arte de vangarda. Apostando pola programación de repertorio da música do últimos cincuenta anos, ARXIS Ensemble, pretende abrir diálogos sobre a creación recente a través de concertos, conferencias e talleres, vinculando a música con outras disciplinas artísticas.

Os seus integrantes centran a súa actividade na interpretación, a investigación e a posta en valor da música de vangarda. Participan en proxectos multidisciplinares, teatro musical, ópera, performance, improvisación e música electrónica, reformulando continuamente o papel do músico hoxe en día, a súa vinculación con escóitaa e a procura de innovación na arte sonora.

Durante a súa primeira tempada en 2022, ARXIS Ensemble contará con Aitor Vázquez Torres como Director Invitado, e con Igor C. Silva como Compositor Residente.

Beat Furrer (Suíza, 1954) é un dos grandes compositores do noso tempo. Estudou dirección de orquestra con Otmar Suitner e composición con Roman Haubenstock-Ramati na Hochschule für Musik und Darstellende Kunst de Viena e, no ano 1985, fundou o ensemble Klangforum Wien que dirixiu ata 1992 e co que mantén desde entón estreitos lazos como director musical. A súa primeira ópera, Die Blinden (Os cegos), foi un encargo da Staatsoper de Viena; Narcissus estreouse en 1994 na ópera de Graz dentro do festival Steirischer Herbst. En 1996 nomeóuselle Compositor en residencia durante as Semanas Musicais de Lucerna. A súa peza de teatro musical BEGEHREN estreouse en 2001 en Graz, en 2003 a súa ópera Invocation en Zürich e en 2005 FAMA, obra teatral para escoitar, en Donaueschingen.

Cordula Bürgi, estudou dirección coral, orquestral, canto e educación musical na Academia de Música de Basilea; violín no Conservatorio de Lucerna e xestión cultural na Universidade de Zürich. De 2008 a 2014 foi directora artística e directora xeral da escola de coros Mädchenkantorei Basel. Tivo múltiples aparicións co coro en producións de ópera do Teatro de Basilea. En 2014 dirixiu catro óperas curtas contemporáneas na Ópera de Graz (Opern der Zukunft). Como directora invitada, tamén traballou co SWR Vokalensemble Stuttgart, o Basler Madrigalisten e a Orquestra Barroca Cappricio Basel. Para a estrea mundial da ópera Violetter Schnee de Beat Furrer en xaneiro de 2019, Bürgi traballou cos solistas vocais en Berlín. En 2016 fundou Cantando Admont, un conxunto vogal profesional para música contemporánea e antiga.