Resis Festival

O Festival RESIS de música contemporánea e artes vivas, creado no 2018 á proposta do compositor Hugo Gómez-Chao e baixo o patrocinio do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e INAEM, é un extraordinario evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas, en completa harmonía coas especiais características e singularidades dos espazos escénicos, arquitectónicos e naturais da cidade da Coruña.