Con esta frase atribuída a Galileo, quero abrir unha reflexión moi libre sobre Luigi Nono e as súas fontes, que foron dunha riqueza insólita, partindo da base de que a súa poética non consistiu en apropiarse delas. Nono integrounas á súa música como unha memoria activa, que informa e vivifica o presente, transformándoo continuamente, e así aprendín a escoitalo. A medida que penetraba no seu universo, ocorréuseme especular sobre a súa afinidade con outra figura, igualmente erudita e tamén moi comprometida en termos políticos. Refírome ao cineasta chileno Raúl Ruiz, quen pensou na imaxe dun modo herético e nada convencional, do mesmo xeito que fixo Nono co son. Acompaña este texto algunhas fotografías do compositor na súa casa na Giudecca e desde o hotel Halde, en Alemaña, que pola súa atmosfera ben poderían corresponder a fragmentos dunha película imaxinada polo citado cineasta…