Resis Festival

EXPOSICIÓN
HOMENAXE A LUIGI NONO POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO
“Y SU SANGRE YA VIENE CANTANDO”
LUIGI NONO
MARTA AZPARREN | MARCELO EXPÓSITO | ANDREA VALDÉS
do 3 DE MAIO Ao 1 DE SETEMBRO
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
PROGRAMA

Il Gesto Illuminato* (2024)
Marta Azparren
Cásida de la tierra que nos dejan* (2024)
Marcelo Expósito
Y, sin embargo se mueve* (2024)
Andrea Valdés

*Obras de encargo Festival RESIS + Estrea absoluta
COMISARIADO | Hugo Gómez-Chao
COORDINACIÓN DE PROYECTO | Cristina Estera

MARTA AZPARREN

IL GESTO ILLUMINATO

En 1964 Luigi Nono escribe a súa ópera «La fabbrica illuminata». Nela rexistrou material acústico dos procesos de fabricación nos altos fornos da fábrica de aceiro Italsider e gravou tamén as voces dos traballadores. Nono dedicou a ópera aos obreiros daquela fábrica para denunciar ademais as súas duras condicións de traballo.

Poucos anos despois, en 1972, fronte a unha das sedes da mesma empresa Italsider, Pier Paolo Pasolini, entrevista a un obreiro en paro xordo. Ás preguntas do director (cantos desempregados son, contra quen protestan…) o obreiro responde non tanto en linguaxe de signos senón coa pura expresión dos xestos dunha loita aberta. A escena foi criticada entón por algúns militantes por considerala unha imaxe degradante.

Na peza «Il gesto illuminato» a artista traduce os xestos daquel obreiro en incisións gravadas cunhas luvas de uñas-punzóns sobre a superficie dun ferro de aceiro como aquelas que fabricaba Italsider. A repetición durante horas desta acción e o rexistro do seu son, converte o xesto iluminado daquel obreiro xordo no posible diagrama audiovisual dunha loita non só obreira senón tamén dalgunhas outras loitas e voces paralelas que quedaron invisibles e en silencio.

Fotografía: Irene Navascués.