Resis Festival

instalación sonora
GRA[FO]NEMAS
Miryam Pato
venres 30 abril.—6 xuño — 20:00H
Museo Casares Quiroga
“Os libros son o vehículo máis antigo da cultura, da palabra e do saber. Transporta ideas, pensamentos, historias reais, historias fantásticas e incluso rexistra as vidas, facéndoas perdurar no tempo.  No meu traballo sempre hai libros, aínda que aparecen desfarelados para reciclar o seu contido como nova forma artística. A medida que traballo con eles crece a miña atención na súa forma, fixándome nas portadas desgastadas, a maquetaxe coidada, o envellecemento do papel e nas gráficas. 
 
Nos meus últimos traballos, os libros xa forman parte da miña exposición, literalmente como un marco físico para a propia ilustración. Nesta peza escultórico-sonora, o libro e a súa historia son os protagonistas. Na súa forma atopamos unha escultura piramidal, cuberta con libros, que emite sons cando nos achegamos a ela, ou deambulamos pola habitación. A peza sente a nosa presencia e narra a súa historia por medio dunha red sonora creada no seu interior. Emite unha serie de efectos (movemento das árbores, escrituras a man, lecturas do seu contido…) para contarnos o seu percorrido. A escultura fala en voz baixa de forma constante alterando o volume, e alternando efectos de son. Ademais deste ambiente, pola sala distribúense outros efectos que se reproducen cando notan a presencia humana.”
 
Miryam Pato, artista multidisciplinar, nada en Ourense e residente en A Coruña, onde recibiu formación en distintos campos do sector audiovisual e as artes plásticas (fotografía, iluminación, restauración artística, policromía, escultura…). Ao longo do seu traxecto, combina o seu traballo como técnico audiovisual, con tarefas de deseño e produción. Como artista, experimenta con varias técnicas, fusionándoas en distintos formatos e soportes. Autodidacta multimedia, na actualidade traballa no desenvolvemento de pezas animadas manualmente, así como na ilustración por medio da re-utilización materiais, onde ten conseguido un estilo propio e recoñecible. A súa obra plástica e fotográfica, expúxose en A Coruña, Ourense, Alicante ou Barcelona. Tamén gañadora de varios premios de deseño e dirección artística, destacando o Festival de Cans, ou Scopifest, festival audiovisual de Pamplona.