A BMMC presenta un singular programa con obras orixinais para a orquestra de ventos
e percusión moderna. O programa iníciase coa obra Cloud Factory do holandés
Johan de Meij, Cloud Factory foi un encargo de Tata Steel Orkest e representa a paisaxe industrial da acería de IJmuiden e os seus arredores. Os instrumentos de vento son tratados como instrumentos de percusión xerando sons non habituais neles. A paixón levada á obsesión pola ornitoloxía e os seus sons do compositor francés Oliver Messiaen é o punto de inspiración deste concerto para piano e instrumentos de vento onde actuará como solista Xulio Moureza. A seguna parte do programa iníciase coa estrea en España de Rapsodós do compositor galego Eduardo Soutullo e concluirá o programa unha composición angular no repertorio bandístico como é Poeme de Feu
da compositora francesa Ida Gotkovsky.