Arxis Percussion Group

A PROXECCIÓN SONORA [II] /

A Procura do Ritmo e Luz
Sábado, 11 de marzo 2023

Museo Nacional de Ciencia y Tecnología MUNCyT
A Coruña

Por segundo ano consecutivo, participaremos no proxecto de inclusión social da Fundación Emalcsa “A Proxección Sonora II”, coa obra “Na procura da luz e son” da man de Arxis Ensemble.

Unha iniciativa para achegar a música experimental e contemporánea ás persoas con discapacidade auditiva.

A PROXECCIÓN SONORA é un proxecto financiado pola Fundación Emalcsa, ao abeiro da VI Convocatoria ‘Cultura accesible e Inclusiva’, dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura. Nesta ocasión desenvolveremos o traballo en colaboración con dúas entidades sen ánimo de lucro da Coruña que traballan con persoas con discapacidade auditiva: ACOPROS ASOCIACIÓN DE COLABORACIÓN E PROMOCIÓN DAS PERSOAS XORDAS Entidade que se encarga de representar e defender os intereses globaIs das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, sensibilizando á sociedade en relación coa sordeira e promovendo o diagnóstico precoz e a atención temperá FAXPG FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA Entidade que traballa polo desenvolvemento integral das persoas xordas de Galicia e as súas familias, en condicións de accesibilidade universal, preservando a Lingua de Signos Española (LSE) como valor principal.

O presente proxecto pedagóxico impartido polo equipo docente de ARXIS ENSEMBLE ten como obxectivo achegar a música contemporánea ao público en xeral e a persoas con discapacidade auditiva en particular. A través dunha serie de talleres dirixidos polos membros de Pulso Ensemble baixo a produción do Festival RESIS, os participantes irán introducíndose, de maneira activa, nas diferentes prácticas sonoras contemporáneas. A través de devanditos obradoiros, estableceranse puntos de encontro, diálogo e creación artística entre mozas con discapacidade auditiva e mozos músicos galegos e galegas.

SÁBADO, 11 DE MARZO 2023 | PRIMEIRO ENCONTRO ACOMPAÑADOS DE ACOPROS E AFAX


Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS