diálogos musicais
Eugenia Osterberger / María de Pablos / Consuelo Díez

A_NEXOS=ELAS /


Sábado, 28 de novembro 2020

19:30h, Fundación Luis Seoane

A_NEXOS é un ciclo de diálogos musicais arredor das confluencias entre a música e as artes contemporáneas dirixido e coordinado polo compositor Hugo Gómez-Chao e a Asociación Cultural AÏS.

Nesta ocasión, as obras de Eugenia Osterberger (Catro cantigas, século XIX), María de Pablos (Sonata romántica, século XX) e Consuelo Díaz (Tres estancias para una reina, século XXI) serán interpretadas polo Grupo Instrumental Siglo XX, con Florian Vlashi e Dominica Malec nos violíns, Raymond Arteaga coa viola e Ruslana Prokopenko co violonchelo.

Estas obras musicais dialogarán xunto coa narrativa de Chus Álvarez, que será a presentadora do evento, e a creación visual de Miryam Pato.

Cuestión de xénero e historia
A cuestión de xénero está moi presente tamén na música. As obras escritas por mulleres compositoras non teñen obtido a visibilidade que lles correspondería nas programacións musicais. Por iso, a proposta deste diálogo é darlles protagonismo ás obras de tres mulleres de tres séculos diferentes. Un diálogo interxeracional coa intención de rescatar o espazo musical que as mulleres artistas teñen ocupado ao longo do tempo.

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

COMPOSITORAS / EUGENIA OSTERBERGER,
MARÍA DE PABLOS E CONSUELO DÍEZ
FORMACIÓN MUSICAL / GRUPO INSTUMENTAL S.XX
CREACIÓN VISUAL / MYRIAM PATO
PRESENTA / CHUS ÁLVAREZ

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS