“Aresta” (2018) toma a forma dunha instalación sonora escultórica e performativa que traballa o concepto de automatización.
Ata o día de hoxe, a máquina era entendida como unha ferramenta que incrementaba a produtividade do traballador. Hoxe vivimos un cambio radical onde a mesma máquina se converte en traballador, iniciando así a cuarta revolución industrial e abrindo novas interrogantes sobre os roles do traballo e o capital.
“Aresta” propón que un ensemble de saxofóns se convertan en intérpretes, como instrumentos autónomos, para eliminar a presenza humana da performance musical.