Resis Festival

Helena Salgueiro

BODY TALK/

Performance e conferencia

Sábado, 16 de decembro 2023, 20:00h

Inscripción previa:
981 21 60 15

Fundación Luis Seoane
Rúa San Francisco, 27
15001 A Coruña

 

 

BODY TALK é un ciclo de actividades coas performances, bailarinas, artistas e creadoras máis interesantes a nivel nacional e internacional. A intención é radiografiar o presente da creación no ámbito da performance, que goza dun momento de máxima creatividade e onde unha serie de nomes están a desbordar ámbitos artísticos para convertir a arte performativa nunha das disciplinas máis poderosas do panorama artístico.

BODY TALK ten dúas partes: a propia performance e un faladoiro posterior coa artista conducido polo xestor e comisario cultural Javier Trigales sobre creación, influencias e identidade.

HELENA SALGUEIRO
focaliza o seu traballo a través da performatividade do corpo por medio do movemento e a linguaxe. As súas pezas transmiten unha inquedanza heteroxénea por artes como a danza, o cinema, o teatro ou a poesía, e colabora con arquitectas, deseñadores, investigadoras… Coa súa propia compañía, ten mostrados os seus proxectos artísticos en Galicia, Portugal, Suecia, Reino Unido ou Arabia Saudí.
Nas súas verbas:

Étude 1, No 2: bicar a luz é o segundo número dun étude performativo que investiga a noción de silencio, chamado Variacións sobre o silencio.
Esta peza inspírase na relación entre o silencio e a quietude. A idea imposible do cero absoluto, onde o átomo non se move. A velocidade mística da luz. A nada e o algo. O son do desexo. Un desxeo de poemas suspendidos no aire, configurando unha instalación efémera onde o corpo da performer danzará no azar da súa duración.

JAVIER TRIGALES é guionista de cinema e TV. Traballou nas produtoras Globomedia, A Dalia Films, Shine Iberia, Bambú Producións ou Eye Slice Pictures. É coguionista de VELLOS, longametraxe seleccionada na sección oficial do Festival Fantasia de Montreal, Fantastic Fest de Austin e Festival Internacional de Sitges e agora traballa no guión da próxima longametraxe do cineasta Velasco Broca.
Así mesmo é guionista de curtametraxes como ‘Eco’, ‘O Aspecto’ ou ‘Caraoscura’, seleccionados e premiados en multitude de festivais nacionais e internacionais. Tamén traballa como comisario e programador de festivais, mostras e ciclos, e foi director de programación do Festival Internacional Cineuropa 2019.

Tamén é docente de audiovisuais para universidades, escolas de cinema, museos e centros culturais. Como xornalista escribe para medios como Icon O País, Luzes, Espinof, CaninoMag, Transit Cinema, Diario Público… e publicou como colaborador unha ducia de libros con Cátedra, Rosebud, Almuzara, Arkadin, T&B, Applehead, Shangrila… Forma parte da Academia Galega do Audiovisual e da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).

EQUIPO ARTÍSTICO

PERFORMANCE / HELENA SALGUEIRO
CONDUCTOR / JAVIER TRIGALES
PROGRAMA

Étude 1, No 2: Bicar a luz
Variacións sobre o silencio