A observación, a experiencia e o diálogo co corpo son a base do traballo da bailarina e coreógrafa Janet Novás (O Porriño, Pontevedra, 1982), que ao longo da súa traxectoria desenvolveu unha linguaxe propia no que conviven a carga emocional e a sinxeleza estética. As súas creacións formaron parte da programación de prestixiosos festivais a nivel nacional e internacional, como o Festival Nouvelles Pole-Sud de Estrasburgo ou o Cement Festival de Rotterdam, e foron galardoadas en numerosas ocasións con diferentes premios.
Feelings, cuxo título fai referencia ao soado tema do músico brasileiro Morris Albert, é “un traballo que nunca se definiu. Naceu o día dunha morte e xurdiu como un berro ou un pranto por esa perda. Desde ese momento negouse a tomar unha forma concreta e tamén se negou a morrer. Feelings é un corpo vivo que quere habitar espazos para chorar, para tomar o pranto como un exercicio de liberación, para bailalo e exaltar a beleza dun corpo abatido”.
Tras a perfomance, o público asistirá á proxección da documental Cadencia, dirixido por Virginia Rota en colaboración con Janet Novás. Finalmente, o acto concluirá cun coloquio entre a artista e Javier Trigales.