Resis Festival

concerto

CRUCES DE CAMIÑOS /

Enoloxía, música e arte

Luns, 5 de agosto

20:00h
Durrës, Albania
< volver a programa

Difundir a creación galega no ámbito internacional: Nesta edición fomos convidados polo violinista Florian Vlashi, que na  actualidade é o director do Festival de música en Albania, nunhas xornadas na cidade de Durrës que se celebrarán en agosto de 2019 e nas que se adicará unha noite íntegramente ao Camiño de Santiago.

Consistirá na celebración dun concerto que terá como temática a presenza do Camiño de Santiago en Albania, unha temática centrada na existencia dun fresco na Igrexa da Villa de Pllanë que é testemuño do culto de Santiago o Maior en Albania.

O programa do concerto incluirá obras dos compositores galegos Hugo Gómez-Chao e Ramón Otero, xunto con repertorio europeo, representado por Vaso Tole, Donika Rudi e György Kurtag; un catálogo de obras para violín solo interpretadas por Florian Vlashi.

O evento finalizará cunha cata de viños galegos na que o público albanés desfrutará dunha conversa amena cos participantes do concerto mentres degustan os nosos produtos con denominación de orixe.

PROGRAMA
Florian Vlashi,
Cruces de camiños
Violín solo.
Vaso Tole
,
“Alla shqiptarçe”
Hugo Gómez-Chao,
Creron ver durmir nela un xesto
Donika Rudi,
Kabatronik
Ramón Otero,
Estrea absoluta
Antes de percorrer o meu camiño eu era o meu camiño
György Kurtag,
“Signs, Games and Messages”

LOCALIZACIÓN