Resis Festival

Laura Ballestrino

ÉTATS D’ÂME/


Venres, 15 de setembro 2023, 20:00h

Museo de Belas Artes da Coruña
R. Zalaeta, 2
15002 A Coruña

 

 

“*ÉTATS D’ÂME”– estados da alma- é o título que deu Alexander Scriabin á súa Sonata no 3 en Fa sostido menor.
Alma provén do grego anemos (vento, sopro, respiración) e, segundo os antigos filósofos gregos, é a música quen move os estados da nosa alma. Pero o longo da historia, a linguaxe da música foi transformando a súa forma de expresión ata chegar ao Romanticismo, momento clave onde se comeza un camiño sen retorno cara a unha comunicación máis emocional, espontánea, humana e visceral. Nas pezas elixidas para este concerto cada autor continuará este camiño rompendo as regras do seu tempo para descubrir novas sensibilidades, novos sentimentos, novos estados da alma.
Frédéric Chopin e Alexander Scriabin representan os dous extremos da música romántica: a orixe e o final.

Máis de medio século separa aos dous compositores eslavos, quen nunca chegaron a coincidir no tempo. Con todo, ambos foron dous artistas que, nas súas curtas vidas, plasmaron o seu mundo interior nunha música profundamente intensa e conmovedora.

A segunda parte do concerto estará protanizada por dous compositores españois: Jaime Santoyo e Manuel de Falla. Santoyo preséntanos unha musicalización do poema Canción dos Lagartos de Federico García Lorca, unha música que inevitablemente nos conduce a Manuel de Falla, quen foi amigo íntimo do poeta. A Fantasía Bética de Manuel de Falla é considerada como a obra cume do pianismo español e é a través da súa forza, os seus contrastes e os seus cantos aflamencados que sentiremos toda a forza e paixón da música española.

LAURA BALLESTRINO (Madrid, 2000) é unha pianista e compositora española. Actualmente é unha das grandes promesas da música, galardoada en prestixiosos concursos nacionais e internacionais como Mocidades Musicais de España, Gran Klavier, María Ferreiro, CIPCE, Intercentros Melómano, Antón García Abril etc.

Debutou con orquestras como a OSCYL e realizado xiras e concertos nalgunhas das salas e festivais máis renombrados do país, así como no estranxeiro.
Como compositora adoita incluír no programa a súa música orixinal para piano e ademais produce e compón a Banda Sonora Orixinal do videoxogo Archaelund. Graduada no RCSMM coa catedrática Elena Orobio, debuta no seu último ano co Concerto no 4 de Beethoven no Teatro Monumental baixo a dirección de Sebastián Mariné. Actualmente cursa os seus estudos de Máster con Leonel Morais e Leo de María na Universidade Alfonso X O Sabio.

EQUIPO ARTÍSTICO

PIANO/
Laura Ballestrino
PROGRAMA

FRÉDÉRIC CHOPIN [1810-1849]
BALADA No 4 EN FA MENOR OP. 52
ALEXANDER SCRIABIN [1872-1915]
SONATA N° 3 “ÉTATS D’ÂME” OP. 23
I. DRAMMÀTICO
II. ALLEGRETTO
III. ANDANTE
IV. PRESTO CON FUOCO
JAIME SANTOYO [1980]
CANCIÓN DE LOS LAGARTOS
MANUEL DE FALLA [1876-1946]
FANTASÍA BÉTICA