Resis Festival

  Magdalena Cerezo

GRAN TORSO /

CONCERTO PARA PIANO

Venres, 31 de xullo

20:30h
Fundación Luis Seoane
Prazas limitadas
Recollida de invitacións
na Fundación Luis Seoane
981 21 60 15
< volver a programa

A pianista Magdalena Cerezo invítanos a realizar un percorrido polo repertorio pianístico das últimas décadas cun programa que pasará por diversas correntes estéticas europeas parando en Inglaterra, Alemaña, Francia e Islandia. En Snowdrift, TagebuchPièce pour Saint Germain, os compositores Michael Finnissy, Georg KröllBetsy Jolas respectivamente superan con creces o reto de ampliar o espectro sonoro e expresivo dun instrumento cunha tradición clásica tan consolidada coma o piano, creando novas lenguaxes que extenden as posibilidades do mesmo a pesar da ausencia de técnicas experimentais. Como nota de contraste, Scape, a composición máis actual do programa, nos introducirá na suxestiva paisaxe sonora creada pola compositora Anna Thorvaldsdóttir, que modifica sutilmente o timbre do piano mediante a utilización de elementos coma o papel de aluminio, distintas clases de parafusos ou o ebow ou arco eléctrico, un dispositivo de man orixinalmente concebido para crear novos sons na guitarra.

Michael Finnissy (Londres, 1946) define Snowdrift (1972) como unha abstracción musical na que xuxtapon diferentes materiais imitando o proceso de edición propio do cine, de maneira que a estructura xorde da elección dos fragmentos a modo de proba ou experimento con diversas combinacións de imaxes sonoras e ideas.

Betsy Jolas (París, 1926) escribiu Pièce pour Saint Germain (1980) como obra obrigada para o concurso de música contemporánea Yvonne Lefébure, polo que se trata dunha peza marcada polo seu virtuosismo pero á súa vez chea do lirismo tan propio da compositora francesa, unha figura independente dentro do universo efervescente da vanguardia posterior á Segunda Guerra Mundial cuxas creacións instrumentais estiveron sempre fortemente influenciadas tanto pola música vogal como pola súa admiración cara ao contrapunto renacentista.

Tagebuch é aa obra máis destacada do compositor e pianista Georg Kröll (Linz am Rhein, 1934). Se trata dun gran ciclo que veu a luz por primeira vez en 1987 e continúa crecendo dende entón, acadando na actualidade un total de 144 pezas que deben interpretarse en subciclos de non máis de 20 minutos de duración. Se basa na serie original da Suite para piano Op. 25 de Arnold Schönberg e coma o seu propio nome indica, se trata dun diario musical no que cada peza representa unha instantánea dunha escea ou momento do pasado.

En Scape (2011), Anna Thorvaldsdóttir (Islandia, 1977) fai presentes dous dos pilares do seu pensamento compositivo, como son a súa estreita relación coa natureza e os paisaxes do seu país nativo como fonte de inspiración e a creación de estruturas flexibles que permiten ao son desenvolverse por sí mesmo en cada espazo.

EQUIPO ARTÍSTICO
PIANO / MAGDALENA CEREZO
PRESENTA / CHUS ÁLVAREZ
EQUIPO TÉCNICO
ÓSCAR DOMÍNGUEZ CORBACHO
MIRYAM PATO PRADO
MANUEL FONTE LOUREIRO

LOCALIZACIÓN