PRESENTACIÓN DOCUMENTAL
Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

IN MEMORIAM ENRIQUE X. MACÍAS /


Sábado, 19 de decembro 2020

20:00h, Fundación Luis Seoane
MÚSICA

ADHUC/
Itinerario de Luz / Vertixe Sonora
Cadencias e Interludios / David Durán
Exequias / Orquesta Sinfónica de Galicia

O 19 de decembro de 2020 presentamos na Fundación Luis Seoane o documental “Enrique X. Macías. A lira do deserto”, dirixido por Manuel Del Río e o primeiro realizado sobre o compositor galego (Vigo, 1958-1995) no 25 aniversario do seu pasamento.

Neste emotivo acto tivemos a honra de contar con parte da familia do compositor, coa que redescubrimos a incrible potencia expresiva e a absoluta vixencia da súa música. Esta presentación foi acompañada ademais dunha pequena exposición con pertenzas de Macías, que puido ser visitada durante quince días para achegar ao público un pouco máis sobre a súa vida.

Achegamos un documento visual na súa memoria gravado o día do evento na Fundación Luis Seoane, con entrevistas a tres grandes coñecedores da súa obra: Manuel Del Río, director do documental “A lira do deserto”; David Durán, pianista de Vertixe Sonora; e Paco Yáñez, crítico musical.

PODES VER “IN MEMORIAM” NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.

EQUIPO ARTÍSTICO

DIRECTOR DOCUMENTAL / MANUEL DEL RÍO
CRÍTICO MUSICAL / PACO YÁÑEZ
EQUIPO TÉCNICO

GUIÓN E DIRECCIÓN / HUGO GÓMEZ-CHAO
VÍDEO E EDICIÓN / IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN E ILUMINACIÓN / MANUEL EIRÍS
SON / ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA / XURXO GÓMEZ-CHAO
MÚSICA / ENRIQUE X. MACÍAS

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS