Hoxe achegueime até a galería Moret-Art para comezar viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes galerías de arte para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.
A miña cita de hoxe é co artista Xurxo Gómez-Chao e coa sua exposición, Atlantic, que tomará forma de partitura co violín de Florian Vlashi e o violonchelo de Rediana Lukaçi. Di Vlashi que “o violín, se non se toca, morre”. Como sucede coa arte, invisible se ninguén a mira e admira. Grazas por facela hoxe visible, Nuria Blanco, e por abrirnos a porta vermella de Moret-Art.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (I) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.