Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.
Hoxe achegámonos ao Palexco para visitar unha mostra colectiva con nome de haiku: “Un mundo que sofre baixo un manto de flores”, fermoso poema de Kobayashi que dá título a esta exposición, que xira en torno á pandemia a é produción artística xerada durante a corentena. O seu leitmotiv, a paisaxe (tanto exterior como interior).
A cita será coas súas comisarias, Anxéla Caramés e Leticia Castromil, que seleccionaron aos autores e obras que ocupan este espazo e tamén o Quiosco Alfonso, onde se expón outra parte da mostra.
Contaremos, nesta ocasión, coa música do compositor Vladimir RosinsKij e a intervención de Ruslana Prokopenko, quen interpretará unha das súas pezas máis trepidantes co violonchelo.
Grazas, Anxéla, Leticia, Ruslana e Vladimir, por esta xornada artística compartida.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (III) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.