No terceiro diálogo do ciclo Lenzos e Partituras achegámonos á sala municipal de Palexco para coñecer a exposición colectiva “Un mundo que sofre baixo un manto de flores”, comisariada polas artistas Ánxela Caramés e Leticia Castromil co apoio do Concello de A Coruña.
Neste novo diálogo artístico, Ruslana Prokopenko pon a música co seu violonchelo nunha experiencia única guionizada e locutada pola actriz Chus Álvarez. A obra que escoitamos é Música número 7 para Chelo de W. Rosinskij.
No ciclo Lenzos e Partituras, a Asociación Cultural AÏS e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sumamos esforzos para construír novas canles de divulgación coa fin de amosar o potencial creativo que acubilla a nosa cidade. Así, desde a nosa canle de Youtube e as redes sociais achegamos ao público diferentes espazos creativos de A Coruña nunha mestura única de música e arte.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (III) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.
Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS