Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.
Nesta ocasión, visitaremos a acolledora casa do bosque de Iria do Castelo, un lugar que é estudio, residencia artística e fogar para esta artista coruñesa especialidada en escultura. Porque tamén se pode facer arte na natureza.
Os sons da foresta mesturaránse cunha versión para saxofón da peza “Ayre”, de Teresa Trecozzi, interpretada polo músico Pablo Coello, director musical e saxofonista de Vertixe Sonora.
Grazas, Iria e Pablo, por regalarnos a vosa arte e darnos hoxe acubillo nesta fraga encantada.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (IV) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.