Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.
A miña cita de hoxe é con Julia Ares, a artista do lume: esmalte sobre metal, vidro fusionado, vidro termoformado… É moi recoñecible a súa obra aquí en A Coruña, dado que o paseo marítimo da cidade atesora 1300 esmaltes, realizados por ela, integrados nas caracteristicas farolas vermellas que iluminan as nosas noites.
A artista, que realiza obra de gran formato, pero tamén obra pequena e personalizada, danza no lume creador entre esculturas, xoias e técnicas como o vitrificatum, que consiste en incorporar, nas súas pezas de vidro, as cinzas daqueles seres queridos, vivos na memoria. Porque Julia converte en arte a natureza.
E se o elemento transformador de Julia é o lume, as labaradas sonoras da guitarra de Rafa Fernández, músico noiés afincado en Santiago de Compostela, encherán de calor este asombroso espazo de creación, un mundo máxico e sorprendente a partes iguais.
Grazas, Rafa, pola faíscas dos teus dedos contra as cordas. Grazas, Julia, por abrirnos a porta do teu fogar e permitirnos descubrirte a través dos teus vidros.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (IX) NO NOSO CANLE DE YOUTUBE.