Resis Festival

CONFLUENCIAS ENTRE MÚSICA E ARTES VISUAIS CONTEMPORÁNEAS
Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

LENZOS E PARTITURAS [VI] /


Mércores, 27 de xaneiro 2021

20:00h, Galería Vilaseco
Exposición “El desencanto”,
Teo Soriano
Transmitido a través do
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, InstagramTwitter
MÚSICA

Solo de percusión “PSAPPHA” /
IANNIS XENAKIS
interpretado por Noè Rodrigo Gisbert

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

Hoxe visitaremos a Galería Vilaseco -un espazo cultural, multidisciplinar, ubicado no centro de Coruña- para conversar con Miriam Pérez, directora da mesma.

“El desencanto”, exposición de Teo Soriano que habitará até febreiro a galería, tomará forma de partitura con PSAPPHA, de Xenakis, un solo de multi-percusión -interpretado por Noé Rodrigo- que inundará o espazo cun maremoto sonoro, de latexo regular, pero con enérxicos xiros. Como a intensa obra de Soriano.

Grazas, Noé, pola danza das túas mans sobre o set de percusión. E grazas, Miriam, por abrirnos as fermosas fiestras da galería para descubrir, da túa man, a arte que agocha.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (VI) NO NOSO CANLE DE YOUTUBE.

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

ARTISTA PLÁSTICO / TEO SORIANO
PERCUSIÓN / NOÈ RODRIGO GISBERT
GUIÓN E LOCUCIÓN / CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN / IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN / MANUEL EIRÍS
SON / ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA / XURXO GÓMEZ-CHAO