Resis Festival

Jesús Núñez

LENZOS E PARTITURAS [X]


Sábado, 18 de decembro 2021

Fundación CIEC
Rúa Castro 2
15300, Betanzos
Transmitido a través do
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, InstagramTwitter

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS; na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

Hoxe visitamos un espazo que recende a tinta e trementina, o Centro Internacional de Estampa Contemporánea, contituído en Betanzos en 1997, co obxecto de promover e difundir o gravado.

Nel recibiranos Pedro Galilea (director da Fundación CIEC), e Jesús Núñez, seu tío, creador e impulsor do centro, ubicado na súa casa natal. Trátase dun edificio modernista (deseñadopor González Villar) cunhas instalacións de máis de 1.500 metros cadrados.. que inclúen obradoiros (con todo o material necesario para o desenvolvemento das técnicas gráficas), unha biblioteca, unha sala de exposicións e tamén un museo de estampa contemporánea.

Nesta ocasión, a maquinaria dos tórculos danzará ao son de Berthold Hamburguer, violonchelista da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretará uns fragmentos da primeira suite para violonchelo, de Benjamin Britten, opus 72: canto primo, lamento e canto segundo.

Grazas, Berthold, polo delicado movemento das cordas do teu instrumento.Grazas, Pedro e Jesús, por abrirnos as portas deste histórico lugar/ e compartir con nós os encantos destes engrenaxes vivos, máquinas e ferramentas recendentes de arte.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (X) NO NOSO CANLE DE YOUTUBE.

 

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

GRAVADOR, PINTOR, ESCULTOR /
JESÚS NÚÑEZ
DIRECTOR FUNDACIÓN CIEC /
PEDRO GALILEA
VIOLONCHELO /
BERTHOLD HAMBURGER
GUIÓN E LOCUCIÓN /
CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN /
IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN /
MANUEL EIRÍS
SON /
ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA /
XURXO GÓMEZ-CHAO