diálogos musicais
Alejandro Basteiro / Despina Ionescu

LENZOS E PARTITURAS /


Venres, 29 de novembro 2019

19:00h, Galería Moret Art

O propósito da charla é repasar, de forma sinxela e amena, algunhas das confluenzas entre música e artes plásticas no século XX.

Pintores como Kandinsky, O’Keeffe ou Rothko abandonaron a representación da realidade para intentar atrapar a emoción pura que obtiñan escoitando a Mozart ou aos grandes do jazz.

Seguindo o camiño inverso, músicos como John Cage ou William Basinski convertiron as súas partituras en debuxos e as súas pezas en auténtico arte conceptual.

Ao desbordar os límites das súas disciplinas, estos creadores legáronnos algunhas das obras de arte máis fascinantes do último século.

EQUIPO ARTÍSTICO
PONENTE /
ALEJANDRO BASTEIRO

VIOLÍN /
DESPINA IONESKU

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS