encontro
Belén Montero

PRIMEIRA (I) /


Xoves, 6 de febreiro 2020

20:00h, Fundación Alexandre Bóveda

O nome PRIMEIRA alude ás posicións. A primeira posición de danza clásica realízase cos talóns dos pés

xuntos, formando unha liña; tamén á primeira posición alude a situación da cámara ou da actriz ou actor á hora de rodar ou gravar un plano; do mesmo xeito, en música se fala da primeira posición do músico/a en relación ao seu instrumento para executar unha composición.

PRIMEIRA. Encontros coa Videodanza, nacen coa vocación de abrir unha xanela cara o xénero da videodanza onde focalizar ás persoas creadoras e os distintos traballos que se fan en Galicia, e crear pontes de intercambio entre creadores difundindo o xénero ao público xeral.

Neste primeiro Encontro,  comisariado e moderado por Belén Montero contaremos coa presencia de Ana Sedeño Valdellós, profesora da Universidade de Málaga quen falará do xénero da videodanza desde os inicios da súa historia nunha conferencia titulada Videodanza como práctica videoartística: antecedentes y modalidades de interrelación danza y vídeo.

Desde o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, coñeceremos da man de Raquel González García, coreógrafa e directora do centro, as súas experiencias en materia de videodanza colaborativa e xunto a Armando Martén Caballero, coreógrafo e profesor do Conservatorio Profesional de Danza de A Coruña, e integrante da compañía Entremáns, xeraremos un foro ao redor do xénero no ensino da danza, intercambiando coñecemento persoal nesa materia co resto de participantes.

EQUIPO ARTÍSTICO
COMISARIA /
BELÉN MONTERO
PARTICIPAN /
ANA SEDEÑO VALDELLÓS
ARMANDO MARTÉN CABALLERO
RAQUEL GONZÁLEZ GARCÍA