Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

LENZOS E PARTITURAS /

Web-serie Documental

Sábado, 12 de novembro 2022, 19:30h

Fundación Luis Seoane
Rúa San Francisco, 27
15001 A Coruña

A Fundación Luis Seoane acollerá a presentación da serie documental Lenzos e partituras, un proxecto impulsado pola Asociación Cultural AÏS e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda que reúne a artistas e músicos contemporáneos.

Lenzos e partituras é unha web serie documental que nace co obxectivo de establecer canles entre a música e as artes visuais do século XXI.

O compositor Hugo Gómez-Chao e a actriz Chus Álvarez, director e guionista do proxecto respectivamente, constrúen un espazo aberto á escoita e á difusión dos traballos e procesos de diferentes creadores coa cidade da Coruña como pano de fondo, unha iniciativa que parte da suma dos esforzos de dúas asociacións culturais locais, AÏS e Alexandre Bóveda.

Un acto presentado pola historiadora da arte Carmela Galego, quen fará un percorrido polos capítulos da serie acompañada por moitos dos vintecatro artistas plásticos e intérpretes que participan nela.

A lista completa dos creadores que interveñen nos dez capítulos da serie é a seguinte: Xurxo Gómez-Chao, Florian Vlashi e Rediana Lukaçi; Soledad Penalta e Noè Rodrigo Gisbert; Jesús Núñez, Pedro Galilea e Berthold Hamburger; Julia Ares e Rafael Fernández Rodríguez; Luisa Valdés e Sergio Delgado; Gosia Trebacz e Wilson Ortega Rueda; Teo Soriano e Noè Rodrigo Gisbert; Yolanda Dorda, Despina Ionescu e Tomás Ionescu; Iria do Castelo e Pablo Coello; Ánxela Caramés, Leticia Castromil e Ruslana Prokopenko; Emile Gireu e Noè Rodrigo Gisbert.

EQUIPO ARTÍSTICO

DIRECTOR /
HUGO GÓMEZ-CHAO
GUIONISTA/
CHUS ÁLVAREZ
PRESENTADORA /
CARMELA GALEGO

Subscríbete ao noso Newsletter

Recibe no teu correo as últimas novas sobre a próxima edición do Festival RESIS 2021 e sobre a programación continua da Asociación Cultural AÏS